FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 20 de novembro de 2022

VETERANOS DE BUÑO 1 - VETERANOS DE MALPICA 9 (XORNADA 6)

Volvemos a ter sorte co tempo. En Xaviña tivemos unha mañán tranquila, moi lonxe do que foi o tempo do sábado e do que habería pola tarde.
Veteranos de Malpica : Nacho; Alberto Choiva, Walter, Alberto de Carballo, Nando; Gurita, Mutio, Diego, Joshua; Richard e Palermo. Tamén xogarían despois Chaves, Chicho, Fernando, Leo, Luis, Pablo de Seaia, Sergio e Víctor Fariña.
Goles:
0-1 (Min. 5) : Gurita.
0-2 (Min. 20) : Palermo.
0-3 (Min. 26) : Joshua.
1-3 (Min. 30) : Rouco.
1-4 (Min. 48) Pablo de Seaia.
1-5 (Min. 66): Chaves.
1-6 (Min. 70): Joshua.
1-7 (Min. 77): Richard.
1-8 (Min. 88) : Joshua.
1-9 (Min. 89): Gurita.
Xogamos contra un equipo que presentou numerosas baixas e bastante significativas. Diante de tantas baixas, tivo que xogar o seu mister Pablo Casal (Prosineki). Nun resultado tan claro a vista parecería que non hai moita cousa que contar. Mais non foi así. Na primeira mitade o Buño tivo tantas e tan claras ocasións como nós. Sólo que as nosas entraron e as deles non.
Chegamos ao descanso con 1-3 no marcador. E o 1-4 que realizou Pablo de Seaia, a primeiros da segunda parte, determinou casi que o Buño baixou os brazos e nós xogamos casi a placer. Máxime cando parte dos homes tocados do Buño xa non puderon mais. A partires de ahí, foi un paseo para nós que se extendeu demasiado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario