FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 27 de novembro de 2022

VETERANOS DE MALPICA 6 - VETERANOS SP. BÉRTOA 2 (XORNADA 7)

Todo o que non nos choveu ata o de agora, caiu todo xunto sobre o campo de Pedra Queimada, que estaba moi encharcado. Iso non impediu que se vira un bó partido de fútbol.
Veteranos de Malpica: Nacho; Fariña, Walter, Alberto de Carballo, Nando; Gurita, Mutio, Diego, Joshua; Richard e Palermo. Despois xogarían tamén Chaves, Chicho, Fernando, Leo, Luis, Pablo e Paco.
Goles:
1-0 (Min. 7): Gurita.
2-0 (Min. 20): Palermo, de penalti.
2-1 (Min. 43) : Chile, de penalti.
3-1 (Min. 48) : Richard.
4-1 (Min. 66) : Gurita.
5-1 (Min. 69) : Richard.
5-2 (Min. 75) : Pablo Verdía.
6-2 (Min. 80) : Gurita.
Partido xogado de poder a poder donde tivemos un rival que non merece, polo visto neste partido, o último posto da clasificación. O Sp. Bértoa ten un ataque moi meritorio e nós tamén. Para mostra un botón: Nos primeiros sete minutos de xogo, aparte do 1-0, houbo unha ocasión clara mais para cada equipo. Chegamos ao descanso con 2-1 por dous penaltis claramente evitables.
No min. 47 surxe a expulsión de Leo, tamén evitable. E o que parecía que iba a decantar a balanza cara os Veteranos de Bértoa, non ocurriu para nada. Con Palermo momentáneamente no banquillo, Gurita e Richard botáronse o equipo as costas e decidiron o partido xogando a contra. Tres goles en vinta e un minutos que decidiron o resultado. Mais o Sp. Bértoa non baixou os brazos nunca. Un partido moi bonito de ver.
.........................................................................................................................................
De árbitro tivemos a D. Vitor Recarei Añón. Arbitraxe serio o seu, e dando moitísimas explicacións aos xogadores.Mais nun partido tan competitivo, non iban a faltar as xogadas polémicas. O Sp. Bértoa reclamou un penalti claro de Chicho, cando xa o resultado era moi claro pola nosa parte. E nós discutimos a expulsión de Leo. A secuencia de feitos foi clara : Leo chega a un balón ao mesmo tempo que o rival, pero, aparte de darlle ao balón tamén deulle no pé. A partir da tarxeta amarela, Leo sigue discutindo con outro rival que lle chama tonto e respóndelle. "Pero, gilipollas, non ves que fun ao balón". Vitor escoita "vai tomar polo cú, gilipollas" (según a acta). I expulsa a Leo. Con esas premisas, polo menos o 25 % dos xogadores veteranos serían expulsados cada fin de semana. A Vitor tamén lle pedimos insistentemente a amarela para os xogadores do Sp. Bértoa Javier Borrallo (sólo se levou unha) e Jaime Verdía (saiu inmaculado), que fixeron méritos para elo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario