FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 4 de decembro de 2022

VETERANOS DE SOFÁN 1 - VETERANOS DE MALPICA 2 (XORNADA 8)

O Carral recibiunos con unha xiada campal, todo blanco, e unha temperatura de -1º. Pouco a pouco foi desaparecendo cando o sol facía efecto. Pero non o fixo totalmente.
Veteranos de Malpica : Nacho ; Luis, Walter, Alberto de Carballo, Chaves; Gurita, Mutio, Diego, Joshua; Richard e Palermo. Estiveron ademais Choiva, Chicho, Fernando, Nando, Pablo, Sergio e Víctor Fariña.
Goles:
1-0 (Min. 25): Marrozos.
1-1 (Min. 54): Palermo (de penalti).
1-2 (Min. 90+2): Rafa , en propia porta.
Os de Sofán basaron todo o seu xogo en unha defensa ordeada, e tres xogadores que destacaron sobre o resto: O seu entrenador Roberto Díaz que, para ser tamén xogador de campo, fixo catro ou cinco paradas de auténtico mérito. Na defensa bastouse para cortar gran parte de noso xogo Roberto Souto, que estivo imperial. E no mediocampo o creador de xogo (e tamén finalizador) Marrozos. Pero o mellor do Sofán foi o peor noso : moito descontrol en tres cartos de campo. Eles tiveron moitas menos ocasións na primeira mitade, sólo dúas, pero a primeira desbaratouna con unha gran parada Nacho e a segunda foi gol de cabeza de Marrozos. O noso nesta primeira mitade era querer e non poder.
Pola ausencia de Dourado, estaba o delegado facendo esas funcións. Mais a voz para berrar non a tiña. Optou preto do descanso por ceder o testigo a Alberto Choiva, que empezou a poñer orde cando antes non o había. I empezamos a xogar mellor (tampouco moito mellor pero suficiente para arrinconar mais ao Sofán). No min. 54 pase entre liñas a Palermo, que se iba cara porta e foi derribado por detrás. O claro penalti lanzouno o noso dianteiro i estableciu o empate. De ahí ao final, moitas ocasións. Mais seguían sin entrar. Non todo foi mala sorte : no amplio desconto unha escapada de Richard pola dereita donde o seu pase da morte iba cara Gurita e Palermo, que sólo estaban con Rafa defendendo, mais ese defensa meteu a perna para despexar diante de Gurita e foi gol. Inapelable. Non acabou ahí a cousa porque quedaban sete minutos de desconto donde nós tivemos outra moi clara e o Sofán, nos últimos segundos, dispuxo de unha inmellorable, con un xogador no segundo pau que fallou cando se cantaba gol.
...............................................................................................................................
Arbitrounos por vex primeira o xove Lucas Rey Lara. Chegou con fama de tarxeteiro (o día anterior cargou de cartóns amarelos e bermellos ós xuvenís de Cerqueda e Fisterra). Pero non foi esa faceta a que destacou esta vez ("sólo" dúas amarelas por equipo). Seguiu o xogo bastante lonxe, co cal creemos que fallou en varias xogadas donde pitou foras de xogo ós dous equipos que non eran. No penalti acertou. E tamén destacou que fixo un desconto, propio do Mundial que se está celebrando, de nove minutos que antoxaban exaxerados para as paradas de xogo que alí houbo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario