FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 15 de xaneiro de 2023

VETERANOS DE MALPICA 0 - VETERANOS DE RAZO 1 (XORNADA 10)

Si non fora por unha nube pasaxeira que descargou a agua ós sete minutos de partido, houbesemos tido un tempo privilexiado para o que despois veu na semana. Non foi bó mais, salvo iso, non foi para tanto.
Veteranos de Malpica: Nacho; Nando, Diego, Walter, Fariña; Luis, Mutio, Leo, Gurita; Joshua e Richard. Tamén estaban para xogar Alberto Choiva, Alberto de Barizo, Carlos, Chaves, Chicho, Fernando, Pablo, Paco e Sergio.
..........................................................
Goles:
0-1 (Min. 37) : Suso Docampo (de penalti).
..........................................................
Partido intenso contra un líder que non defraudou. No noso caso tivemos xente mais que abonda mais algunhas ausencias significativas. No eixo da defensa, Alberto de Carballo. Pero donde mais se notou foi adiante. Ao faltar tamén Suso, na portería tivo que poñerse Nacho, que tamén é unha garantía pero non pode xogar mais que nun sitio a vez. E, aparte da falta de Palermo, lamentamos a lesión no primeiro cuarto de hora de Gurita. Co que sólo pudo xogar Richard en punta, moi lonxe da portería contraria. O Razo controlou ben o partido. Meteu o gol con un penalti xusto. E pudo meter algún mais pois tivo dúas ocasións claras mais para facelo. Nós sólo tivemos unha nunha internada de Mutio na que creemos que houbo penalti que o colexiado, bastante lonxe da xogada, non quixo ver. Sólo valeu para amosarlle unha amarela a Mutio polas protestas airadas.
......................................................................................................................................
Pola folga dos árbitros da costa, veu a arbitrarnos un trencilla da zona Coruña-Ferrol, Don Ignacio Grobas Martínez. O fixo moi ben, salvo na xogada do penalti que reclamamos. Arbitrou de forma equitativa para os dous equipos i marcou foras de xogo donde pensamos que acertou.

Ningún comentario:

Publicar un comentario