FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 22 de xaneiro de 2023

VETERANOS DP. CARBALLO 1 - VETERANOS DE MALPICA 3 (XORNADA 11)

Esta vez tocou frío nas Eiroas. Temperatura de -1º para recibirnos e xeada ata donde non chegaba o sol mentras transcurría o partido.
Veteranos de Malpica : Nacho ; Chaves, Diego, Alberto de Carballo, Fariña; Richard, Mutio, Leo, Carlos; Joshua e Palermo. Despois xogarían tamen Alberto de Barizo, Alberto Choiva, Luis, Marco, Pablo, Paco e Sergio.
Goles:
0-1 (Min. 2) : Palermo.
0-2 (Min. 62) : Mutio .
1-2 (Min. 74) : Manolo Couto.
1-3 (Min. 77): Richard.
Partido contra o pechacancelas que demostrou que está nun posto inmerecido. Un gol de Palermo e un tiro ao pao de Joshua nos catro primeiros minutos do partido semellaba que nos poñía moi doadas as condicións para gañalo. Nada mais lonxe da realidade : o Dp. Carballo dominou toda a primeira parte, e nós salvámonos grazas ó noso porteiro e centrais (Diego e Alberto de Carballo) que estiveron sempre donde había que estar para cortar todo o que lles chegou. Con un Torres ó que se deixou moi solto e que controlou o ritmo do centro do campo. Aparte de ese control, o partido tivo unha xogada que determinou parte do que alí se xogou. No min. 19, Richard pretendía levarse o balón, acosado por Jose Antonio Rey. O noso dianteiro perdeu os papeis, e cando o balón marchaba cara fora e xa non estaba entre eles, sacudiulle unha patada sin balón ó seu marcador. Cando todos no campo esperábamos a expulsión e xogar os malpicáns con un menos o resto do partido, o árbitro dirimiu a agresión con amarela.
No descanso ordenamos as nosas liñas. Xa se empezou a controlar mellor a Torres, ainda que se seguía sin xogar moi ben. Xa pudo poñer distancia Palermo mais distancia si acertase a marcar un penalti cometido sobre él mais Cristian adiviñou o seu lanzamento. Pero a nosa pegada seguiu e Mutio puxo o segundo nun centro en largo desde a dereita que pasou por enriba do porteiro. Non se deron por vencidos os de Carballo e meteronos en propio campo. Acortaron o marcador mais pouco durou porque Richard definiu o terceiro no min. 77, que nos fixo xogar con mais tranquilidade i esperar o final.
..............................................................................................................................
Arbitrou D. Carlos Martínez Rodríguex. Non podemos aprobar a súa arbitraxe porque o erro que tivo na xogada polémica foi maiúsculo (por moito que fose ó noso favor) e decidiu en parte o transcurso do partido. No trato cos xogadores foi respetuoso e non tivo mais xogadas polémicas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario