FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 29 de xaneiro de 2023

VETERANOS DE SOANDRES 0 - VETERANOS DE MALPICA 1 (XORNADA 12)

Outra vez frío, esta vez no Municipal de Laracha. 0 graos, ainda que sin vento (algo é algo).
Veteranos de Malpica : Nacho ; Chaves, Walter, Alberto de Carballo, Fariña; Leo, Mutio, Diego, Carlos; Joshua e Richard. Despois debutaría con nós Arcay. E tamén entrarían a xogar Choiva, Luis, Marco, Nando, Pablo, Paco e Palermo.
Goles:
0-1 (Min. 86) : Joshua.
Partido análogo ó da semana pasada. Empezamos ben. Tivemos un gol (o balón traspasou ben claramente a liña de gol) que o árbitro desde lonxe non viu e outra ocasión na que o trencilla fallou tamén porque o balón chegou franco a Palermo procedente de un despexe de un contrario, pitando fora de xogo que non habia. Pero outra vez nos diluimos e non acertamos a controlar o xogo. En todo momento de esta primeira mitade, o Soandres estivo mellor situado e creounos moitos problemas. Grazas que volveron a responder Nacho (con dous paradóns espectaculares) e os centrales. O equipo rival chegou a quedarse con dez xogadores no min. 57 por expulsión, bastante tonta, de Abel ó que o colexiado pitoulle fora de xogo inexistente e o mandou tomar polo cú, añadindo "sácame tarxeta, saca..." cando parecía que a xogada iba a terminar sin consecuencias. Pero o Soandres seguiu moi ben colocado e sacrificado (moito mérito) e nós embarullados, sin ideas claras. Seguramente se nos dera mellor xogar con un xogador mais nun campo grande como Paiosaco que en Laracha. O que nos salvou finalmente foi a aparición do debutante Arcay, que buscou profundidade pola banda dereita. E no 86 conseguiu levar un balón que pasou ó medio donde entrou Joshua para rematar sin apelación. Partido para olvidar e tres puntos conseguidos sin esperalo.
......................................................................
Arbitrou Don Jose Luis Ferreiro Varela. Non gustou a ningún dos dous equipos polas xogadas comentadas. Fallou pitando os fora de xogo. Acertou na expulsión, por moi tonta que fora (non se pode faltar ó respeto). Quixo quedar ben con todos e non quedou ben con ninguén. Salvouno a actitude pacífica de ambos equipos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario