FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 5 de febreiro de 2023

VETERANOS DE MALPICA 1 - VETERANOS DE OZA 1 (XORNADA 13)

Moito frío en Pedra Queimada, ainda que non tanto como en días pasados. Un vento norteño conxelaba os corpos (esperamos que non as ideas). E foi bastante decisivo no discurrir do partido.
Veteranos de Malpica: Suso ; Nando, Walter, Marco, Choiva ; Richard, Mutio, Pablo, Nacho; Joshua e Palermo. Despois xogarían tamén Alberto de Carballo, Arcay, Chaves, Fariña, Gurita, Leo, Luis, Paco e Sergio.
Goles:
1-0 (Min. 30) : Palermo.
1-1 (Min. 84) : Lista. Un tempo para cada equipo. Na primeira mitade o vento foi ó noso favor e conseguimos dominar. Aparte do gol (no que algo de presión e sorte houbo), tivemos un penalti a favor nunha xogada marca da casa de Nacho, que regateou ó seu par e foi zancadilleado. O penalti lanzouno forte Mutio pero Jorge Añón adiviñou a traxectoria e lanzouse para deter o balón. E outra ocasión mais nun testarazo de Marco Posiño a saída de un corner que saliu fora pegadiño ó poste dereito, cando xa o víamos dentro.
Pouca renda sacamos para poder mantela na segunda mitade. O Oza ten xente xove que corre moitísimo e foi arrinconándonos no noso campo. Si non empataron antes foi por dispor nós de moitísimos efectivos para poder manter o rítmo físico. Mais Suso na portería é un baluarte. Pero non pudo facer nada por deter o gol do empate a poucos minutos do final, nunha xogada levada perfectamente pola banda dereita con pase ó segundo pau e gol. De ahí ó final, os dous equipos preferiron gardar a roupa e adicarse a defender plenamente, con poucos riscos en ataque.
..........................................................................................................................................
Arbitrou D. Oscar Santos Rodríguez. O mesmo arbitraxe de sempre, moi comedido e respetuoso, soubo levar perfectamente o partido. Incluso dominou unha situación de posible tangana entre xogadores. Aparte do penalti pitado (que o foi perfectamente), houbo un penalti pedido por cada equipo insistentemente. Pero como dixo : para pitar penalti ten que ser moi claro. Outro galo cantaría si os demais árbitros siguen ese criterio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario