FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 12 de febreiro de 2023

VETERANOS CORCOESTO 1 - VETERANOS MALPICA 2 (XORNADA 14)

Xogar as 11 da mañá na Piña, con ausencia de vento e sol domiñando casi todo o campo, fixo que a temperatura fose bastante agradable e o tempo formidable para a práctica do fútbol.
Veteranos de Malpica : Suso; Nando, Alberto de Carballo, Walter, Choiva ; Gurita, Mutio, Joshua, Nacho ; Richard e Palermo. Disp onibles para entrar a xogar estaban tamén Arcay, Carlos, Fariña, Fernando, Leo, Luis, Pablo e Sergio.
Goles:
0-1 (Min. 8) : Palermo.
1-1 (Min. 36) : Moisés.
1-2 (Min. 87) : Palermo.
Partido intenso xogado entre dous equipos que sairon a gañar. Na primeira mitade, aparte do gol, nós tivemos ata tres ocasións mais. Na primeira, Palermo pensou que Fuentes se tiraría a súa dereita mais o cancerbeiro quedou quieto e repeliu o balón. Na segunda, outra vez Palermo prántouse sólo diante de Fuentes i elevou o balón sobre do porteiro pero a pelota foi suavemente a dar no traveseiro. No terceiro intento, o que menos perigroso que parecía, pelexou nun envío longo deA Alberto de Carballo. O porteiro non saiu a ataxalo e Palermo meteu o pé o suficiente para descontrolalo e facer gol. Ainda nesta primeira parte, tivemos outra ocasión nun tiro de Richard que Fuentes repeliu nunha hábil estirada. Eles pola súa banda tamén se achegaron a nosa portería por medio de dous dos seus mellores dianteiros, David e Suso Ramos. Mais un segurísimo Suso e un partido completísimo de Alberto de Carballo axudado por Walter e o resto da defensa non deixaron opcións moi claras.
................................................................................................................................................
Na segunda mitade, o Corcoesto veu mais arriba. Buscaban a entrada entre liñas dos antes mencionados. David chegou a presentarse sólo diante de Suso, que repeliu o balón, como si de un porteiro de balonmano se tratara. Nós tamén tivemos outra parecida que repeliu Cambón, porteiro do Corcoesto para esta segunda parte. Eles conseguiron o empate nunha ocasión que non debeu subir ó marcador porque Moisés estaba en clarísimo fora de xogo, mais o árbitro non o estimou así. Seguimos pelexando todos os balóns e no 87 Mutio soubo meter un balón entre liñas para Palermo, que fusilou pola parte esquerda de Cambón.
..........................................................................................................................................
Arbitrou D. Alberto Pombo Parga. Non gustou. Aparte do gol en posición ilegal do Corcoesto, non pitaba casi ningún fora de xogo, o cal creaba moitísimos problemas para as defensas. Mais seguiu o xogo desde bastante lonxe polo cal fallaba bastante nas súas apreciacións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario