FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)

FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 19 de febreiro de 2023

VETERANOS DE MALPICA 0 - VETERANOS DE NANTÓN 0 (XORNADA 15)

Bastante frío en Pedra Queimada a pesares do sol que asomou. Non hai moito que contar. Ningún dos dous equipos fixo moito para variar o resultado inicial. A batalla producíase no medio do campo, moi lonxe das porterías, a dónde as defensas non deixaban chegar con facilidade. O resultado final fixo xustiza ós meritos deportivos. Os porteiros pasaron bastante desapercibidos.
Na segunda parte, eles tiveron un contragolpe moi perigroso que foi cortado in extremis por Choiva con pase atrás no que, ainda así, Nacho tivo que meter a man para que non marchara a gol. A cesión pitada non tivo mais consecuencias. Pola nosa parte, pedimos dous penaltis, o primeiro por unha patada dentro da área a Joshua que se oiu en todo o campo, mais Joshua non caeu, e o árbitro seguiu ca xogada. O segundo foi ainda mais claro por zacandillear ó noso dianteiro cando enfilaba xa ó porteiro cabanés (Amado). Non o viu así o trencilla, o cal levantou amplias protestas que desembocaron na expulsión de Choiva nunha xogada posterior no min. 87, cando pitoulle falta (que non era) e lle recordou, con berros, o penalti anterior non pitado. Con un home menos, aguantamos ben ata o final.
.......................................................................................................................................
Pitou D. Pablo Rama Cotelo. O fixo con bastante criterio e seriedade, ainda que para nós fallou nos penaltis non pitados. Pero non vamos a cargar contra o árbitro cando nós non o fixemos nada ben.

Ningún comentario:

Publicar un comentario