FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 26 de febreiro de 2023

VETERANOS DE SONEIRA 5 - VETERANOS DE MALPICA 2 (XORNADA 16)

Bastante bo tempo durante a maior parte do partido. Sí que facía frío no empece, mentras o sol non iluminou todo o campo. Iso fixo que pedísemos permiso para irnos para a grada na primeira parte. Despois xa non fixo falla e permanecemos no banquillo. Gardouse un minuto de silencio na memoria do grande Amancio Amaro, recentemente falecido.
Veteranos de Malpica: Suso ; Nando, Diego, Walter, Fariña; Arcay, Mutio, Joshua, Nacho; Richard e Palermo. Tamén xogarían despois Alberto de Carballo, Chaves, Luis, Pablo e Paco.
Goles:
1-0 (Min. 26) : Javier Lema.
2-0 (Min. 38) : Iván Pardiñas.
3-0 (Min. 46) : Sergio Lema.
3-1 (Min. 53) : Richard.
3-2 (Min. 57): Palermo.
4-2 : Miguel.
5-2 (Min. 74): Nando (en propia porta).
.......................................................................................................................
Os goles que non entraran no partido de ida entraron e non entraron na volta. Porque si o partido acabara con resultado 8-6 ou 6-8 non houbese extranado a ninguén. O sacrificio da ida non foi tal neste partido e as dianteiras mandaron sobre das defensas. Unicamente a falta de acerto final fixo que non pasase para nós e sí o fixera en parte para eles. Tamén houbo un cambio substancial no equipo do Soneira, a presencia neste partido de Miguel Figueira. Todo o que podemos decir da súa presencia sería pouco. Decidiu o partido co seu xogo e ca súa visión de xogo.
Empezamos no partido de forma trepidante. Ata catro ocasións de gol moi claras nos primeiros vinte minutos tivemos. O noso ataque mandaba e chegaban de forma doada. Pero os goles non entraron. E o partido pasou a outra especie de sorte (mala para nós, claro). Porque a partir de ahí, unha escapada de Miguel só cara porta foi entorpecida pola saída de Suso e Diego, que viña enriba, despexou o balón. Con tan mala fortuna que o rexeite deu no pé de Arcay, provocandolle unha forte escordadura e a súa saída do partido. E na seguinte xogada de ataque soneirán, un rexeite de un córner foi empalado por Javier Lema, marcando un gran gol. E no seguinte ataque, un pase en paralelo (moi parecido ó gol que nos marcou o Oza no seu día) pasou en longo de Suso e Iván Pardiñas marcou o 2-0. E a nosa mala sorte continuaba : Nacho fintou e acomodou o balón ca perna dereita mais o seu disparo, cando xa había librado de Suso, estrelouse no poste dereito da portería.
Quixemos confabularnos para darlle a volta ao partido no descanso (porque pensábamos que para nada era un marcador axustado ó que pasou na primeira parte, totalmente inxusto. Ocasións do Soneira: 3, goles 2 . Ocasións do Malpica: 5, goles 0.). Pero tan pronto empezou a segunda parte, un pase en profundidade de Miguel polo centro chegou para a escapada de Sergio Lema, que conseguiu chegar só diante de Suso e marcar o 3-0. Non dábamos crédito. Palermo e, sobretodo, Richard empezaron a botar o equipo as costas. Richard marcou (e remachou o balón varias veces nas redes, pola rabia) e seguidamente Palermo fixo o propio. Era o min. 57 e parecía que encamiñábamos a remontada. Pero un erro arbitral non o permitiu. Antes, a mente de entrenador de Miguel vislumbrou un cambio. Pediulle ó seu adestrador cambiar a súa posición, desde o medio para o interior dereito. Pola dereita, recolleu un balón e chegou ata as inmediacións de Suso, que saiu a cortar. Miguel apurou a xogada e pasou o balón ó centro, zafando de Suso pero saindo o soneirán do terreo de xogo. Ó balón, preto da liña divisoria da área pequena, correu Alberto de Carballo que quixo despexar, mais había un dianteiro para tentar cortar e o balón rebotou. O rexeite do balón saiu outra vez para o poste dereito. E ahí, Miguel, entrando desde fora (quedou a cousa en evidencia, porque recolleu o balón e sorteou o poste para empurralo adentro), marcou o 4-2. Fora de xogo radical que o colexiado non quixo marcar. Miguel xuraba e perxuraba que estaba en liña con Alberto, mais non podía ser porque Alberto estaba un metro por diante da liña de meta i él acababa de sair de alí. E para maior desgracia, Nando, querendo despexar un balón enviado en paralelo á area, marcou en propia porta. Xa non había nada que facer. Incluso o Soneira pudo marcar algún gol mais porque xa arriscábamos moito para tentar recortar diferencias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario