FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 5 de marzo de 2023

VETERANOS DE MALPICA 0 - VETERANOS DE BUÑO 1 (XORNADA 17)

Tempo sensacional durante a mañá do domingo. O sol notouse e frío mais vento apenas houbo. Nesta crónica contamos tamén con fotos cedidas polos Veteranos de Buño.
Tropezo bastante inesperado no derbi. Sen quitarlle méritos ó partido serio e sacrificado que fixo o Buño, nós non conseguimos dar unha a dereitas. Cómo poden chegar a ser os partidos, o de ida foi unha balsa onde todo nos saiu ben (demasiado ben, claro). Este foi todo o contrario.
Iso que empezamos inmellorablemente : nos primeiros minutos dispuxemos de un penalti a favor. Tirou Palermo á esquerda de Juan mais o cancerbeiro repeleu brillantemente o lanzamento. Non foi a única ocasión que dispuxemos, mais hoxe non era o noso día. Cumpríase a máxima do fútbol: "O que perdoa, paga". E, para acabar de liala, no min. 29 Víctor Vilar chegou só diante de Suso e, ainda que o noso porteiro, chegou a tocar balón, non pudo impedir o gol.
Desde ahí ata o final, foi todo un querer e non poder. Xogamos atropelados, sin facer boas combinacións e moi individuales. Pudemos empatar, mais non era hoxe o noso día. Con un Buño tan sacrificado, sempre había un home para cortar os balóns, con bó mérito dos seus centrais, secundados por todo o equipo.
...............................................................................................................................................Arbitrou D. Héctor Pérez Álvarez. O fixo bastante ben. Moi ben, si contamos con que andaba renqueante de unha antiga lesión. Nembargantes nós reclamámoslle un penalti preto do final ó que non lle quixo facer caso. Mais "non escoitou" un insulto grave a Mutio, que supoñía expulsión do nº 5 oleiro (Daniel Cerqueiro), zanxando a polémica con amarela para este xogador e Nacho.

Ningún comentario:

Publicar un comentario