FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 12 de marzo de 2023

VETERANOS SP. BÉRTOA 0 - VETERANOS DE MALPICA 1 (XORNADA 18)

Tempo nublado en Paiosaco. A auga respetuonos e non caeu durante todo o partido.
Veteranos de Malpica : Nacho ; Nando, Walter, Alberto de Carballo, Alberto Choiva; Pablo, Mutio, Diego, Luis; Joshua e Richard. Xogarían tamén despois Chicho, Víctor Fariña, Marco, Paco e Sergio.
Goles :
0-1 (Min. 73) : Joshua.
Partido reñido na Porta Santa. No noso ataque, aparte das baixas por lesións de Arcay e Gurita (aparte de ter que poñerse na portería Nacho), añadiuse a de Palermo, que marchou do noso equipo para reforzar ó equipo da UD Cerqueda. No equipo rival, a ausencia mais destacada foi a de Chile, que moitos quebradeiros de cabeza nos deu tanto no partido de ida como na temporada pasada.
Na primeira parte xogamos en contra de vento. Moito sacrificio de todos os xogadores. A oportunidade mais clara a tivo o Sp. Bértoa con un tiro ó longueiro.
No descanso, incidimos no descanso na necesidade de tirar a porta co vento a favor. Tivemos dous tiros ó pau, un deles en brilante xogada de Joshua, que arrancou cara porta e tirou sobre a saida de Maikel. O porteiro tocou balón e conseguiu desvialo ó pau esquerdo da portería. Mais unha falta lanzada por Richard a base do poste dereito, na que Maikel se luciu desviando a córner. No min. 73, Joshua voltou a tirar desde lonxe, rozando nun defensa e marcando gol. A partires de ahí, a defender todos como bellacos. Ningún xogador se escaqueou de correr. Ainda así, o Sp. Bértoa pudo empatar nun centro desde a esquerda e o dianteiro cabeceou a boca de xerro facendo lucirse a Nacho, con unha espléndida parada, cando todos esperábamos o gol. O empate, si o houbese, tampouco houbese sido resultado inxusto.
Arbitrou D. Diego Echevarría Fiaño. Arbitraxe serio e formal. Non tivo influencia no resultado. Amosou unha sóla tarxeta amarela, ainda que pudo amosar algunha tarxeta mais moi clara a cada un dos equipos. Soubo levar o partido con suficiencia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario