FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 19 de marzo de 2023

VETERANOS DE MALPICA 2 - VETERANOS DE SOFÁN 0 (XORNADA 19)

Tempo nublado e un pouco de vento, mais en xeral non foi malo para xogar.
Veteranos de Malpica: Suso ; Choiva, Fariña, Diego, Nando; Nacho, Leo, Mutio, Sergio; Joshua e Richard. Tamén xogarían despois Chaves, Fernando, Luis, Pablo e Paco.
Goles :
1-0 (Min. 57) : Leo.
2-0 (Min. 87) : Pablo.
.....................................................................................................
<
Partido moi reñido, os dous equipos xogaron intensamente. Pero a moita distancia das porterías rivais. Co cal as ocasións de gol foron moi escasas e os porteiros estiveron inéditos. Mala sorte do noso, porque nun despexe de balón sin mais rompeu Suso preto do descanso, pasando Nacho a ocupar a portería.
E na segunda mais do mesmo. Puideron adiantarse eles nunha falta que sacaron moi rapidamente, chegando o dianteiro sólo diante de Nacho. Cando xa se cantaba o gol mandou o balón as nubes.
A partires de ahí, empezamos a carburar mais nós. Nunha internada pola dereita, Nando meteu un pase medido ó corazón da área, lonxe do alcance de Iván Macías. Entrando desde atrás, Leo non perdoou o gol. E preto do final, remachamos o resultado nunha escapada de Joshua cara portería e, diante da saída de Iván, cedeu o balón á sua esquerda cara Pablo, que o acompañaba e meteu a pracer.
.....................................................................................................................................
Arbitraxe de D. David Cancela García. Sin fisuras, moi correcto e sin complicacións. Tamén o partido se prestou porque os dous equipos portáronse estupendamente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario