FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)

FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 23 de abril de 2023

VETERANOS CORCOESTO 3 - VETERANOS MALPICA 2 (FASE DE ASCENSO - IDA SEMIFINAIS)

Bastante chuvia no campo da Piña, sin que a mesma afectara ao terreo de xogo. Tempo bastante desapacible.
Veteranos de Malpica : Suso ; Nando, Alberto de Carballo, Walter, Choiva; Joshua, Diego, Mutio, Nacho; Gurita e Richard. Despois xogarían tamén Chaves, Fariña, Luis, Marco, Pablo, Paco e Sergio.
Goles:
0-1 (Min. 20) : Gurita.
1-1 (Min. 70) : Jesús Ramos.
2-1 (Min. 84) : Xabier Herranz.
3-1 (Min. 85): Jesús Ramos.
3-2 (Min. 88) : Marco.
..............................................................................................................................................
Partido trepidante entre dous equipos que sairon a gañar. O fútbol foi moi exixente, pedindo o mellor de cada home. Foron cinco goles os marcados mais puderon ser mais. Si non foi así foi pola acción de ambos porteiros, Adonis Fuentes e Suso.
A primeira parte foi mais nosa. O noso ataque era bó. Richard collía protagonismo e non marcou ao primeiro porque o porteiro así o quixo. Non pasou iso no min. 20, Richard non pudo definir pero sí o fixo Gurita cando recolleu o balón e con unha tranquilidade pasmosa cruzou o balón.
Ós principais homes do Corcoesto os tiñamos bastante ben controlados. Pero todo cambiou nesta segunda parte. Primeiro ca lesión importante de Joshua, que obrigou a ter o partido parado cinco minutos. E despois ca entrada no equipo rival de Xabier Herranz. Músculo xoven, con grandes cambios de ritmo, que se uniu a David Castro i empezou o Corcoesto a funcionar. Dous dos goles que remontaron foron calcados. Pase ó oco cara Jesús Ramos que definiu perfectamente diante de Suso. E o 2-1 de Xabier, unha preciosidade. Deixaronlle o balón en tres cuartos de campo e lanzou un zambombazo á cepa do poste esquerdo da portería de Suso que, ainda que se lanzou como un felino, non pudo atallar e o balón entrou despois de petar no outro pau. Os nosos xogadores non se conformaron para nada e uns minutos despois do 3-1 marcou Marco para achegarnos no marcador. As espadas en alto para o partido de volta. No caso de empate na eliminatoria, non valen doble os goles marcados en campo rival. E non habería prórroga sino lanzamentos de penalti.
................................................................................................................................................................................................
Arbitrou D. Iván Guerra Domínguez. Arbitraxe serio e de alta escola. O partido tiña moito que pitar i él estivo a altura, ainda que sabemos que non todo o mundo estará de acordo. Non foi determinante no resultado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario