FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)

FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 16 de abril de 2023

VETERANOS DE MALPICA 5 - VETERANOS DP. CARBALLO 0 (XORNADA 22)

Bastante fresco ó comenzo do partido que o fixo mais levadeiro. A medida que transcurría foi subindo a temperatura e acabou casi con un calor veraniego.
Goles:
1-0 (min. 17): Richard.
2-0 (min. 21): Richard.
3-0 (min.56) : Arcay.
4-0 (min. 68): Joshua.
5-0 (min. 70) : Gurita.
Chegamos a este partido con cambios na defensa. Non puderon vir os defensas centrais que actuaron ata agora: Alberto de Carballo, Fariña, Leo, Marco e Walter. Polo tanto, con Diego houbo que poñer a Alberto Choiva, que o fixo de fábula, sempre sabendo cortar e sacar o balón ben xogado. E cando Alberto cansou, foi Mutio quen colleu o posto e tamén o fixo moi ben. O resto do equipo tamén brilou a gran altura. Mención especial para Alberto de Barizo, que levaba moito tempo sin poder xogar, reapareceu e o fixo enormemente ben. Chegamos ó descanso con marcador 2-0, grazas a dúas accións individuais de calidade de Richard. Goles que nos deron moita tranquilidade para xogar.
Os intentos que fixo o Dp. Carballo para achegarse ó marcador foron ben neutralizados polos centrais e por Suso, que cortaron os balóns mandados en longo. E marcamos tres goles mais que redondearon o 5-0, algo excesivo para o que se viu no partido.
Arbitrou D. Miguel Blanco Mouzo. Árbitro noviño, segunda vez que nos pitou. Non tivo excesivas complicacións porque o xogo foi limpo e o marcador claro. Só amosou unha amarela por protestas. Seguiu o xogo bastante de lonxe.
Finalizamos a liga en terceira posición, merced a este marcador e a victoria do Nantón en Vimianzo. Esa posición fai que xoguemos a promoción de ascenso contra o sexto clasificado (Corcoesto) e nos dé a ¿ ventaxa ? de xogar o partido de volta nesta eliminatoria. Mais, no caso de chegar a esa final do 7 de Maio, xogar ese partido en Pedra Queimada. O 14 de Maio empezaría a Copa da Costa de Veteranos (ainda non se fixo o sorteo).

Ningún comentario:

Publicar un comentario