FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 2 de abril de 2023

VETERANOS DE RAZO 2 - VETERANOS DE MALPICA 0 (XORNADA 21)

Tempo espléndido en Razo. Escenario moi difícil de superar porque a vista marchábanos de seguido para o oleaxe. Os Veteranos de Razo, ó acabar o partido, foron a bañarse deixándonos a todos asombrados.Bós anfitrións os de Razo.
Veteranos de Malpica: Nacho; Fariña, Diego, Alberto de Carballo, Nando; Luis, Mutio, Pablo, Paco; Joshua e Gurita. Despois xogarían tamén Chaves, Fernando e Sergio. Un equipo enteiro de baixas para este partido. Difícil non lembrarse de cando nos decián que tiñamos demasiados xogadores na tempada.
Goles:
1-0 (Min. 43) : Jose Manuel Suárez.
2-0 (Min. 51): España.
..........................................................................................................................
Eramos poucos pero non quere decir que non désemos o callo. Xogamos unha moi boa primeira parte donde tuteamos e superamos en moitos momentos ós de Razo. A primeira, tan pronto comenzou o partido, tivérona eles nunha escapada do dianteiro só cara porta mais Nacho abortou a oportunidade. Casi de seguido Mutio botou fora un balón cando estaba en inmellorable ocasión para marcar. Mais tivemos dúas mais: a primeira de Joshua. A segunda de Gurita, un centro desde a esquerda e o noso dianteiro, con tempo para parar e marcar, deulle de primeiras. O balón saiu a rentes do pau cando xa cantábamos o gol, con Riveiro sin poder facer nada por evitalo. E cando xa esperábamos o descanso, o Razo fixo unha última xogada mandando un centro desde a dereita do ataque. Nacho saiu para cazar o balón, mais Jose Manuel Suárez chegou antes e levantou o balón por enriba de Nacho.
Un gol nos primeiros minutos da segunda parte xa determinou o partido. Eles interceptaron un pase de Alberto de Carballo, España pediu o balón e lanzou un trallazo desde fora da área grande que fixo inútil o intento de Nacho. A partires de ahí, quixemos mais non pudemos. E o Razo adicouse a controlar o partido ata o final.
....................................................................................................
Arbitrou D. David Castreje Ferrio. Labor impecable, un colexiado que sabe arbitrar. O único pero é que a veces amósase condecesdente. Tivemos que poñernos farrucos con él para que amosase unha amarela a Marcos Cancela por un rebote que colleu e a patada conseguinte a Fariña. Mais non decidiu para nada no marcador.

Ningún comentario:

Publicar un comentario