FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
Foto de J.M. Ferreiro (PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA)

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, segundo a información dun integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté de acordo coas mesmas. Ou que sI o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que si DESEXARÍAMOS é que, aÍnda que o poñan como "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 14 de decembro de 2025

VETERANOS DE CABANA 6 - VETERANOS DE MALPICA 1 (XORNADA 11)

Tempo xeado nas Redondas. O contraste entre estar ao sol ou facelo na sombra da grada notábase moito. As bancadas e gran parte do campo estaban con sol e tempo agradable.
Veteranos de Malpica: Eloy; Nando, Fenosa, Alberto,Jorge; Álex, Diego, Mutio, Markitos; Richard e Lema. Xogarían tamén despois Casqueiro, Luis, Manu e Marcos.
Goles: 0-1 (Min. 8): Richard, de penalti. 1-1 (Min. 20): Porto. 2-1 (Min. 35): Porto.
3-1 (Min. 66): Iván. 4-1 (Min. 76): Adán. 5-1 (Min. 78): Souto. 6-1 (Min. 81): Porto.
Levábamos 10 partidos onde encaixamos soamente 7 goles. Era difícil meternos gol. Ata este partido. Aínda que non foi así nos comezos do choque, incluso metemos nós o único gol que fixemos, antes que marcaran eles. E mantivemos o tipo ata o min. 20, onde o árbitro non viu un fora de xogo como unha catedral de Porto. Tan claro era que os nosos quedaron parados, esperando que o colexiado pitara. Non foi así e o dianteiro aproveitou esa situación. E no min. 35 volveu a repetir xogada, desmarcándose só (esta vez si en posición legal) para presentarse diante de Eloy e marcar.
Nada facía presaxiar a desfeita da segunda metade. Incluso Eloy, que ata agora, era do mais fiable na portería, cometeu erros moi claros. Chegou o terceiro gol deles e acabouse para nós o partido. A partires de aí, nós adiantamos liñas, o Cabana medrou e os seus dianteiros marchaban sós a porta sen que o noso porteiro conseguira paralos. Chegaron seis pero aínda puideron ser algúns mais, ocasións houbo para iso. En resumen, partido para esquecer.
Arbitrou D. Manuel Rodríguez Rojo. Outra desfeita. Apareceu (para mal) nos intres claves do partido. O fora de xogo que non pitou (i era) no segundo gol do Cabana. E na segunda parte, pitando o único fora de xogo (que non era) do noso atacante. Na contra desa xogada foi cando o Cabana marcou o terceiro. Non nos gustou para nada. Aínda que non foi a causa de nós deixarnos marchar do partido, iso foi responsabilidade nosa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario