FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
Foto de J.M. Ferreiro (PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA)

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, segundo a información dun integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté de acordo coas mesmas. Ou que sI o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que si DESEXARÍAMOS é que, aÍnda que o poñan como "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 21 de decembro de 2025

VETERANOS DE NANTÓN 0 - VETERANOS DE MALPICA 2 (XORNADA 12)

Chuvascos dispersos ao largo do partido. Esperábamos tamén granizo polas baixas temperaturas (empezamos con 3,5 º) e fixo o amago pero finalmente foi pouco.
Veteranos de Malpica: Suso; Nando, Fenosa, Alberto, Eloy; Álex, Diego, Mutio, Jorge; Lema e Richard. Xogarían tamén despois Casqueiro, Luis, Marcos, Pedro de Xoane e Sergio.
Goles:
0-1 (Min. 36): Eloy.
0-2 (Min. 89): Richard, de penalti.
Partido intenso o xogado nas Fontiñas, como soe pasar en todos os enfrontamentos entre os dous equipos. Eles non puideron contar con Luis Giance e restoulle un punto ao seu ataque. No seu luar Juan A. Sande deu moito que facer. No resto, moita pelexa en todo o campo, non se daba un balón por perdido. As defensas, moi ben colocadas e controlando a todo aquel atacante que se chegaba a portería. Conseguimos marcar no min. 36, nun rexeite da defensa afora da área grande que foi a Eloy, i empalmou un tiro por baixo que bateu a Zekri por baixo. E puidemos ampliar a vantaxe preto do descanso cando Richard foi derribado na área, pero viu o balón ó seu lado e pretendeu tirar, saíndo fora. O árbitro non quixo ver o penalti por seguir Richard a xogada.
Ese erro final da primeira parte condenou ao partido a seguir pelexando cada balón con resultado incerto. Os primeiros quince minutos da segunda parte tiveron cores branco e negro. Puideron empatar eles nun balón centrado desde a esquerda. Cando entrou só un dos dianteiros cabaneses e tiña toda a portería para el, cantábamos todos o gol. Incomprensiblemente mandou o balón alto. A partir de aí, aparecemos nós mais arriba e tivemos algunha ocasión inmellorable, como cando Zekri saíu a despexar un balón lonxe da súa portería, recolleu o balón Marcos i elevou por enriba do porteiro e a defensa, dando o esférico no pau dereito da portería do Nantón. Xa controlamos nós mais o xogo. E, por fin, acertamos. Richard entrou na área e o penalti, que non quixo ver o árbitro antes, viuno agora e conseguimos distanciarnos no marcador final.
Arbitrou D. David Castro Varela. Non foi estricto para pitar mais no partido non houbo complicacións por malas patadas, foi intenso pero limpo. Complicouse no penalti non pitado, non vale iso de que o dianteiro sigue a xogada, viuse moi claro.
<

Ningún comentario:

Publicar un comentario