FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
Foto de J.M. Ferreiro (PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA)

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, segundo a información dun integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté de acordo coas mesmas. Ou que sI o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que si DESEXARÍAMOS é que, aÍnda que o poñan como "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 11 de xaneiro de 2026

VETERANOS DE MALPICA 3 - VETERANOS DE SOANDRES 1 (XORNADA 13)

Todo o campo encharcado e ameazando con chuvia intensa. Pero as nubes non descargaron e pouco a pouco o campo foi desaugando, quedando bastante practicable case todo o partido. Antes do partido gardouse un minuto de silencio, recordando a Carlos Cerviño Fernández, integrante dos Veteranos de Sofán, que morreu esta semana.
Veteranos de Malpica: Suso; Nando, Fenosa, Alberto, Eloy; Markitos, Mutio, Diego, Álex; Lema e Richard. Xogarían tamén despois Charli, Leo, Luis, Marcos e Sergio. Os rivais tamén trouxeron xente abonda.
Goles:
1-0 (Min. 26): Richard. 2-0 (Min. 30): Richard.
2-1 (Min. 48): Pablo Marcelo Ramos. 3-1 (Min. 78): Mutio.
Tal e como sucedera no partido de ida, os rivais deron moito que facer e o resultado é bastante enganoso. Luciuse entre os nosos Alberto, facendo un grande encontro. Acabamos a primeira parte con dous goles de vantaxe de Richard nos que o porteiro do Soandres, Carlos Javier Viera, non estivo acertado. Parecía que estaba todo encarrilado. Pero chegando ao descanso, xa Suso fixo un paradón para evitar o gol rival.
Foi premonitorio do que sufrimos na segunda parte. Eles tiveron vinte e cinco minutos onde dominaron casi a pracer. Xogaron con moi bo criterio, destacando sobre todos eles o seu número 29, Cristian Ariel Martínez. Tivemos que poñer a Diego, Charli e Álex a traballar como feras no centro do campo para cortar balóns. Grazas a iso pasamos de novo a dominar. Mutio botou dous córneres seguidos a favor de vento. O primeiro non entrou por pouco pero o segundo si entrou directamente. Liberámonos con ese gol e xa todo foi rodado ata o final.
Arbitrou D. Oscar Rei Rodríguez (Torrila). Sabe moito de fútbol, aplicado na súa arbitraxe. A pesar diso, os xogadores non o deixan moito en paz. Pero ten un saber estar no campo. E todo de forma moi seria.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Publicación máis recente Publicación máis antiga Inicio