FOTO DE EQUIPO 2024-2025

FOTO DE EQUIPO 2024-2025
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 7 de febreiro de 2010

CORCOESTO 3 - MALPICA 1

Seguimos caendo en picado. Pero, si somos tan malos, tan malos xogando ao fútbol ¿ porqué non se poido traslada-lo partido ao campo de Pedra Queimada en lugar de xogar nunhas condicións tan deplorables ? No campo de A Piña xa se fixo abondo con estar de pé no mesmo, cousa francamente difícil. ¿qué eles tamén xogaban no mesmo campo? Seguro que sí, pero dábaselle mellor, sin lugar a dúbidas. E gañaron con xusticia.Nese carrusell de patinaxe, na primeira mitade o Corcoesto pegou primeiro nesa falta da foto lanzada polo seu número 25 (Eliseo Velo) que foi directa a rede nunha serie de amagos, despistes e sin que ninguén mais tocase a pelota. E fixeron o 2-0 cando Guillermo quixo sacar un balón xogado e perdeuno, indo a parar a Jesús Fuentes que o empurrou a rede.
Na segunda mitade mais do mesmo. Marcaron o terceiro por medio de Jesús Puñal nunha bonita vaselina (no único anaquiño que estaba ben do campo). Nós poidemos meter algúns goles en ocasións fallidas de Esmorís (que regateou ao porteiro e pegoulle mal ao balón) e Tono Alfeirán, pero tamén eles tiveron algunha mais. Cerca do final Esmorís marcou de falta o gol da honra. E todos a ducharse que facía falla.
Arbitrou Juan Ramón. Fixoo bastante ben. É demasiado estricto, pero nalgún fora de xogo que se lle reclamaba estaba controlando a línea da defensa perfectamente. Non soporta que os xogadores se lle poñan tontos. O cual nesta liga de veteranos ocurre moitísimo. Dámoslle un 3.

4 comentarios:

  1. Un saludo sin mala hostia. Que teñades mais sorte pra próxima, a non ser que xcoguedes co Corme

    ResponderEliminar
  2. Estimados amigos de malpica vexo que este ano non vos estan salindo as cousas moi ben.Os anos non nos perdonan hoxe nesta liga hay xente moi nova,pero como digo eu que nos saquen o bailado.
    encanto a pregunta que facias no bloc dos v.bergantiños de santiago,tes que preguntarlle a Suso de Cereo el faina todos os sabados con nos ,pero a clave e que o adestrador dinos como a caballeria al ataquiiiiiiiiiiiie nos muy,muy muy obedientes imos al ataquiiiiiiiiiii......
    SAUDOS BERGANTIÑOS SANTIAGO

    ResponderEliminar
  3. Saudos aos dous. Xa vedes que de cando en ves paseámonos polos vosas novas. amigos de Carballo, xa sabemos por Suso de Cereo cómo se fai o ataquiiiiiii...tanto no campo de fútbol como fora del. Hai que facer unha xuntanza un día. Sólo hai que mirar axendas. E que non tarde.
    Suso, cada vez esmeraste mais. A historia de Don Serapio Ponte é unha lectura moi recomendable para todo o mundo (bueno, si cadra non lle gusta aos curas, non sei). Pero coma él coñezo eu a algúns e algunhas. E gustoume moito ese final.

    ResponderEliminar
  4. ¡O noso equipo non tarda en apuntarse ás viaxes a Benidorm!
    Hai que fecerse a idea de moi pronto temos que apuntarnos a ximnasia de mantemento, os bailes dos domingos polas tardes nos centros sociais, a pasar as mañáns nos centros de saúde para buscar mil e unha recetas; pero o bonito de todo esto e que cando gañamos algún partido é como si ligáramos coa máis guapa, ¡todo un orgullo! O resto dos equipos decirlles que sempre se quedan coa máis fea.....

    ResponderEliminar