FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

mércores, 23 de xuño de 2010

MANIFESTACIÓN POPULAR CONTRA A POLÍTICA DE BAIXAS E ALTAS DOS VETERANOS

Prosegue a operación limpeza no Malpica, a directiva non ten piedade, aquí non se teñen en conta as vellas glorias:
¡Aquel que non rinde, xa lle temos o sitio buscado! - foron as palabras do presidente do clube, aos medios de prensa internacionais e locais. Aparecen nos medios novas sobre a nosa plantilla, cómo podedes ver. En Malpica algúns empezan a ter grandes ilusións.
A muller dun coñecido xogador do Cabana de veteranos, de fama contrastada, está encabezando unha campaña mediática bastante forte para que fiche polo equipo do Malpica. Esta campaña está por todas as redes sociais: "Feisbuc", "Llutuf", "Tuenti", donde milleiros de seguidores claman pola súa fichaxe, pero a Directiva do Malpica é reacia a pagar a cláusula de rescición, xa que coa cantidade que piden ben se poderían comprar un par de balóns Mikasa e dar de baixa dunha vez por todas os balóns de Nivea....
RUMORES:
O galgo da banda dereita "Asfequinho" rebélouse pola súa continuada suplencia, diante da sede da Directiva do clube. Quere que o entrenador lle deixe desplegar o fútbol que leva dentro, dar renda solta a súa creatividade, quere volver a ser o que algún día foi...


Ningún comentario:

Publicar un comentario