FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 20 de xuño de 2010

NON POIDO SER... PERO CASI : MALPICA 2 - DUMBRÍA 1



























Tentárono. Desde o primeiro minuto hasta o final. Sairon os rapaces da SCD enchufadísimos ao partido e cercaron ao Dumbría que despexaba balóns como podía. Si o xogador mais valioso da eliminatoria foi Adrián o home mais valioso do partido xogado o sábado foi, sin lugar a dudas, Roberto Rancaño. Todo o realizou ben: domiñou o tempo do xogo ao seu antoxo e lanzou aos nosos dianteiros con moitísimo acerto. Incluso na segunda parte, cando as forzas e o ánimo baixaron, estivo ahí cortando todo o que había que cortar, ben secundado por todo o equipo, aupados por unha afición que non desfalleceu.
Xa no primeiro minuto anularonlles un gol por un extrano fora de xogo (que non falta ao porteiro) que pitou o linier. A partires de ahí dous penaltys ao noso favor lograron que todos nos puxeramos a soñar coa remontada. Pero o fallo no segundo deles fixo bastante dano a moral de parte dos malpicáns para afrontar a segunda mitade. Ahí estivo seguramente o momento do partido.
Na segunda parte seguirono tentando pero xa as forzas non eran as mismas. Empatou o Dumbría en xogada a balón parado. Pero ainda así o equipo non se rendeu e conseguiu a victoria que deixou un bo sabor de boca a todos en Pedra Queimada. Ainda que non se conseguira o pase a final da Copa quedou o convencemento de que, si siguen a maior parte destes xogadores, hai unha boa base de plantilla para facer boas cousas a tempada que ven.
Tamén habría que graba-lo partido para ver a actuación do árbitro Sr. Espasandín Cores e mais os seus axudantes para pasarllo aos Sres. Alex López Vila e Blanco Rodríguez que arbitraron o partido da semana pasada. Nada que ver unha cousa coa outra porque ésta vez pitóuse con saber estar e humildade dando toda unha lección, incluso a mín que xa había perdido a fé en estas cousas.
Por último, felicitar ao Dumbría polo pase a final. Teñen un equipo ordenado e xogan da mesma maneira sempre. Notáselle a man do seu entrenador ahí. Ainda que creo que nesta eliminatoria non se viu a suposta diferencia entre un primeira e un segunda rexional, eles souberon levar a victoria ao seu lado. Enhoraboa.


.

2 comentarios:

  1. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar
  2. ahi que dar a cara anonimo, deixa o teu nome si nn non digas nada

    ResponderEliminar