É super difícil a remontada en Pedra Queimada contra o Dumbría. Si entrara este partido nas casas de apostas darían tranquilamente 15 euros por cada un que se xogara a favor do Malpica (tamén o facían no partido entre España e Suiza, quén o iba a decir). O Dumbría, un enorme atranco, un primeira rexional que sabe ao que xoga. E o Malpica, con un equipo xoven e moi entusiasta, que ademais vai a contar con catro baixas gracias a acta que nos regalou o equipo arbitral que dirixía o que aparece abaixo (mais preocupado de que o ascendan este ano e amosar man dura que de saber levar un partido que non tiña moita complicación) .
E por iso, e porque tamén se demostrou por parte da afición no partido de ida que se pode apoiar sin reservas ó equipo, que podemos xuntarnos o sábado a tarde e levar ós xogadores en volandas para darlle a volta a cousa. Sin ter que matar a ninguén, sin ter que botarlle a culpa a ninguén. Coa entrega de todos. ¡Ánimo, Malpica! ¡Aupa, Malpica!
Ningún comentario:
Publicar un comentario