FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 1 de novembro de 2015

VETERANOS U. VIMIANZO 1 - VETERANOS DE MALPICA 3



Día perfecto para a práctica do fútbol. Presentámonos en Vimianzo 12+1 xogadores, ou sexa, dous cambios. Eso nun campo casi tan grande como o de Malpica fai complicado o aguantar enteiros hasta o final. Pero este equipo ten aguante e compromiso entre todos os seus xogadores, o cual fixo que decidíramos o resultado ao noso favor nos últimos cinco minutos de choque e sigamos imbatidos nesta liga.



Realmente o partido casi que se podía decidir nun empate técnico. Empezou marcando no min. 5 o Vimianzo, un equipo que tamén lucha e mete a perna, ainda que o gol foi por exceso de confianza, nun balón retrasado cara Chucho, Bugallo que sae inmediatamente a despexar lonxe, toca mal o balón que  queda manso para que Rubén, que era o que estaba presionando o saque, o introduzca na nosa meta. Non nos demos por afectados e seguimos pelexando moito no mediocampo. No min. 26 Mutio recolle un balón e lanzao por alto cara a carreira de Bambam. O defensa soneirán chega a tocar ca cabeza pero non pode impedir que o noso dianteiro gane a acción presentándose diante do porteiro e baténdoo con un tiro suave a dereita súa, axustadísimo ao pao. O gol facía xustiza ao marcador pero sobretodo xustiza para Bambam, que moito leva pelexado para marcar esta tempada pero sin sorte. Hai que mencionar, antes de facelo ao final, o recital que nos deu o árbitro Goyeneche, pois acabamos esta primeira mitade con seis tarxetas amarelas, cartóns que nos ataban para a segunda mitade porque a cousa amenazaba con algunha expulsión que condicionaría o choque. Non nos acabou desquiciando pero casi.

Mais no descanso fixemos conxura entre os xogadores para que, ao trencilla, nin miralo nin falarlle. Na segunda mitade pasou a dominar o Vimianzo pois nós non podíamos nin meter a perna por medo a sanción. E pasamos a defender e ter apuros. Eles puderon marcar nun córner desde a dereita nun balón donde o dianteiro estaba sólo pero cabeceou alto e tamén na mais clara das oportunidades, con un bo tiro que sobrepasou a Bugallo pero o balón deu no traveseiro e botou abaixo. Xa víamos perdido o primeiro partido da temporada. Pero os minutos pasaban e o fondo físico pasou a xogar a favor noso. Empezamos a dominar e a botalos cara atrás. Nos últimos dez minutos o panorama pintaba moitísimo mellor, con Arcay e Leo entrando polas bandas e os defensas despexando como podían os balóns. E nun córner botado desde a dereita no min. 87 por Mutio o balón é rematado varias veces e rexeitado polos defensas, recolle ese balón Mutio de novo, fai un quiebro e recibe unha patada (que sonou alta e clara), logra seguir pisando o balón e recibe unha segunda entrada, co cual o árbitro non tivo mais remedio que recoñecer a evidencia e pitar o penalti. Mutio estableciu o 1-2. No min. 90+2, xusto antes de pitar o final, marcamos o 1-3 nun balón sacado de fora de banda e recollido por Leo que, de espaldas ao defensa, o manda por alto cara a portería e consigue, sorpresivamente incluso para o noso dianteiro, o gol.


Goyeneche non vale para esta liga de veteranos ainda que teña un bo historial como árbitro de rexional. Sí que tiña razón que non estamos nunha liga de infantiles e si nós sacamos oito veces mal os foras de banda o ten que pitar. Pero ten erros de bulto moi graves e, cando protestas, o único recurso que sabe é mostrar a amarela. Para mostra un botón: falta ao noso favor por un cabezazo sobre Marcelino que non pita. Marcelino e un xogador soneirán quedan tirados no chan. Entra Dourado para atender ao xogador e, cando acaba, antes de sair do campo Goyeneche manda seguir o xogo. Bugallo reclámalle que non se pode seguir con Dourado no campo e lévase unha amarela. Ou cando Leo lle di que é moi malo, él entende que foi Marcelino e sácalle amarela. Cando Leo aclaralle o seu erro, tamén tarxeta amarela para él (é raro, pero tivemos dous xogadores con amarela pola mesma situación). Así, por tonterías levamos as sancións. E si fora polo noso comportamento, vale. Pero pola actitude individual do colexiado, como que non. Aparte nun partido donde as patadas e fortes entradas sólo as recibimos nós, non nos parece de recibo que os rivales acabaran con catro amarelas (en todo o partido) e nós con seis sólo nun tempo.


1 comentario:

  1. O DE GOLLENECHE NON TEN NOMBRE ,NON HAI NINGUN EQUIPO QUE FALE BEN DE EL, E XA NON BEN SI NON QUE NON SE ENCONTRAN BOAS PALABRAS PARA DESCRIBIR A ESTE PERSONAJE, O UNICO QUE SABE E SACAR DAS SUAS CASILLAS A PROPIOS I EXTRAÑOS, VERGONZOSO, NON SOMOS INFANTILES ,PERO ESTA E UNHA LIGA DE FUTBOL VETERANO NON FEDERADA E NON FAI FALTA NINGUNHA UN PERSONAJE QUE PENSA QUE ESTA ARBITRANDO DE MANEIRA PROFESIONAL. SON DAVID DE CERQUEDA

    ResponderEliminar