FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 16 de setembro de 2018

VETERANOS DE SOANDRES 0 - VETERANOS DE MALPICA 2


Mañan cómoda para xogar ó fútbol, sin grandes calores pola niebla. Estreamos competición, encadrados xa na federación galega. Y eso tamén fixo que os dous once titulares saliran ó medio do campo xunto co colexiado para o saudo de fair play de rigor, previa revisión de todalas fichas de ambos conxuntos.

Veteranos de  Malpica: Suso Malpica; Nando, Suso Zas, Alberto de Carballo, Alberto Choiva ; Leo, Alberto de Barizo, Mutio, Arcay; Joshua e Palermo. Despois entraron Tono Alfeirán, Luis, Carlos, Chaves, Abel, Pedro e Fernando.


















En número de xogadores, un mundo con respecto ó que pasou no amigable que xogamos a semana pasada. Porque, si os rivais presentaron varios cambios (hoxe eran dezasete), nós eramos dezaoito efectivos, un problema para calquer entrenador, pero que se agradece no caso de ter sustitutos que fan mais o doado o esforzo.

A primeira mitade veu marcada polas sentenzas arbitrais. En un partido moi disputado por ambos conxuntos, onde as defensas controlaban o xogo de ataque, a nós anularonos un gol que, para nós, era legal. No min. 25, Palermo adéntrouse na área por parte esquerda e mandou un balón en paralelo a Joshua, situado dentro da área pequena. O noso mediocampista golpeou o balón e mandouno ó pao dereito da portería. O rechace recolleuno o propio Joshua que, en pelexa co defensa, marcou o gol. O colexiado anulou o gol por fora de xogo, aducindo despois que, coma o defensa tocou o balón no rechace antes que Joshua, o noso xogador estaba en fora de xogo. Pensamos nós que, nos penaltis que lanzan, si o porteiro rechaza o balón cara o dianteiro i éste termina marcando, todolos dianteiros estarían tamén en fora de xogo.

Non tivemos mais ocasións nesta primeira parte porque todos os tiros que fixeron Arcay, Palermo e compañía foron as mans de Carlos. Eles tiveron a sua única oportunidade casi chegando ó descanso, cando lle arrebatan o balón a Mutio, creemos que facéndolle falta que non pitaron, e lanzan o balón desde o borde da área grande ó traveseiro. 

Según nos contaron, a segunda mitade foi calcada a primeira. Pero conseguimos meter gol no min. 77, nunha xogada calcada a do gol anulado, con internada de Palermo e pase da morte cara Joshua, que esta vez non perdonou. E tres minutos despois foi Palermo o que marcou o 0-2, aproveitándose da xogada calcada as outras duas. De ahí ó final, o Soandres apretou mais e nós adicámonos a defender.

Arbitraxe amable de Luis Emilio Pérez Fernández, non exenta de discrepancias. Tivo erros en faltas moi evidentes, que deixou pasar. O gol anulado sería para velo en moviola e discutir a xogada (somos profanos e seguramente estemos equivocados, pero contamos o que, na nosa opinión, vimos).


2 comentarios:

  1. ������ Eres Pedrerol ou Roncero???Eu estiven nese partido e falas ca bufanda e contas o que che conven.Sorte o Malpica supoño que segun ti estará no Wanda xogando a final da Champion.Con Dios

    ResponderEliminar
  2. Que eu sepa, ésto non o Marca, nin o As, nin o Sport. Ésto é un blog que se chama "Veteranos de Malpica" e contamos a nosa opinión. Para decir o contrario están os comentarios. Marcamos dous goles e anularon un tercer gol que, para nós, era completamente legal. Non, non vamos a xogar a Champions, nin pretendemos. E sí, o respeto é moi bonito. E decir quen escribe, tamén.

    ResponderEliminar