FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 6 de maio de 2018

VETERANOS DE MALPICA 1 - VETERANOS DE CERQUEDA 6


Veteranos de Malpica: Chaves; Nando, Suso Zas, Alberto de Carballo, Pedro; Cancela, Mutio, Luis Naya, Bernardo; Abel. Aos poucos minutos de empezar completou o once Arcay, e preto do descanso chegou Joshua para poder dispoñer nós de un cambio.














É doado contar porque perdemos claramente este partido. Si ós poucos efectivos cos que pudemos contar sumámoslle un equipo rival con quince homes, bastante mais xóvenes, combativos e con un día de calor excesiva, só era cuestión de empezar a acumular minutos de xogo para que se dese ese resultado. Demos o callo mentras as forzas duraron pero nada mais. 

Na primeira mitade ainda aguantamos ben e estivemos mellor no campo. Adiantámonos nun gol de bela factura de Arcay, cando, pelexándose cos defensas centrais nunha xogada que, de por sí, xa podía ser pitada como penalti, lanzou un tremendo tiro ó que Ramiro non pudo chegar.

Pero non pudemos aguantar de ese gol, porque ós poucos minutos Pedro, nun balón que xa iba sair fora, tocou ca man por acto reflexo e deu luar a un penalti que o Cerqueda non perdonou, ainda que Chaves casi chega a paralo. E casi terminando a primeira parte, un segundo gol do equipo rival xa supuxo que chegásemos ó descanso co marcador de 1-2, cando o mais normal sería polo menos un empate.







Na segunda parte, dous goles tempraneiros do Cerqueda, de moi boa factura, xa supuxeron o final das expectativas nosas neste derbi. E caeron outros dous goles mais, pero puderon chegar a ter un marcador moito mais escandaloso, si xa de por sí o 1-6 non fose o suficientemente esclarecedor. Os goles do Cerqueda no partido foron metidos por Fran (2), Adrián Eiroa, Rubén, Dani e David. O Malpica pudo marcar tamén algún,sobretodo por medio de Arcay, pero Ramiro mostrouse bastante seguro.

O partido iba a ser arbitrado por España, pero tivo o falecemento dun familiar, polo cual gardamos un minuto de silencio. Arbitrou finalmente Gerardo. Luces e sombras. O claro marcador da segunda mitade fixo que xa non protestásemos nada. Pitou varios fora de xogo ós dous equipos bastante dudosos, mais foi para él un partido bastante tranquilo.


2 comentarios:

  1. non lle quitedes o gol a Dani, que para un que marca.... os goles foron de Fran (2), Adrian Eiroa, Ruben Dario, Dani e David.

    ResponderEliminar