Veteranos de Malpica: Chaves; Nando, Suso Zas, Alberto de Carballo, Pedro; Cancela, Mutio, Luis Naya, Bernardo; Abel. Aos poucos minutos de empezar completou o once Arcay, e preto do descanso chegou Joshua para poder dispoñer nós de un cambio.
É doado contar porque perdemos claramente este partido. Si ós poucos efectivos cos que pudemos contar sumámoslle un equipo rival con quince homes, bastante mais xóvenes, combativos e con un día de calor excesiva, só era cuestión de empezar a acumular minutos de xogo para que se dese ese resultado. Demos o callo mentras as forzas duraron pero nada mais.
Na primeira mitade ainda aguantamos ben e estivemos mellor no campo. Adiantámonos nun gol de bela factura de Arcay, cando, pelexándose cos defensas centrais nunha xogada que, de por sí, xa podía ser pitada como penalti, lanzou un tremendo tiro ó que Ramiro non pudo chegar.
Pero non pudemos aguantar de ese gol, porque ós poucos minutos Pedro, nun balón que xa iba sair fora, tocou ca man por acto reflexo e deu luar a un penalti que o Cerqueda non perdonou, ainda que Chaves casi chega a paralo. E casi terminando a primeira parte, un segundo gol do equipo rival xa supuxo que chegásemos ó descanso co marcador de 1-2, cando o mais normal sería polo menos un empate.
O partido iba a ser arbitrado por España, pero tivo o falecemento dun familiar, polo cual gardamos un minuto de silencio. Arbitrou finalmente Gerardo. Luces e sombras. O claro marcador da segunda mitade fixo que xa non protestásemos nada. Pitou varios fora de xogo ós dous equipos bastante dudosos, mais foi para él un partido bastante tranquilo.
non lle quitedes o gol a Dani, que para un que marca.... os goles foron de Fran (2), Adrian Eiroa, Ruben Dario, Dani e David.
ResponderEliminarTés razón. Cambiado.
ResponderEliminar