FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

mércores, 23 de xuño de 2010

MANIFESTACIÓN POPULAR CONTRA A POLÍTICA DE BAIXAS E ALTAS DOS VETERANOS

Prosegue a operación limpeza no Malpica, a directiva non ten piedade, aquí non se teñen en conta as vellas glorias:
¡Aquel que non rinde, xa lle temos o sitio buscado! - foron as palabras do presidente do clube, aos medios de prensa internacionais e locais. Aparecen nos medios novas sobre a nosa plantilla, cómo podedes ver. En Malpica algúns empezan a ter grandes ilusións.
A muller dun coñecido xogador do Cabana de veteranos, de fama contrastada, está encabezando unha campaña mediática bastante forte para que fiche polo equipo do Malpica. Esta campaña está por todas as redes sociais: "Feisbuc", "Llutuf", "Tuenti", donde milleiros de seguidores claman pola súa fichaxe, pero a Directiva do Malpica é reacia a pagar a cláusula de rescición, xa que coa cantidade que piden ben se poderían comprar un par de balóns Mikasa e dar de baixa dunha vez por todas os balóns de Nivea....
RUMORES:
O galgo da banda dereita "Asfequinho" rebélouse pola súa continuada suplencia, diante da sede da Directiva do clube. Quere que o entrenador lle deixe desplegar o fútbol que leva dentro, dar renda solta a súa creatividade, quere volver a ser o que algún día foi...


domingo, 20 de xuño de 2010

NON POIDO SER... PERO CASI : MALPICA 2 - DUMBRÍA 1



























Tentárono. Desde o primeiro minuto hasta o final. Sairon os rapaces da SCD enchufadísimos ao partido e cercaron ao Dumbría que despexaba balóns como podía. Si o xogador mais valioso da eliminatoria foi Adrián o home mais valioso do partido xogado o sábado foi, sin lugar a dudas, Roberto Rancaño. Todo o realizou ben: domiñou o tempo do xogo ao seu antoxo e lanzou aos nosos dianteiros con moitísimo acerto. Incluso na segunda parte, cando as forzas e o ánimo baixaron, estivo ahí cortando todo o que había que cortar, ben secundado por todo o equipo, aupados por unha afición que non desfalleceu.
Xa no primeiro minuto anularonlles un gol por un extrano fora de xogo (que non falta ao porteiro) que pitou o linier. A partires de ahí dous penaltys ao noso favor lograron que todos nos puxeramos a soñar coa remontada. Pero o fallo no segundo deles fixo bastante dano a moral de parte dos malpicáns para afrontar a segunda mitade. Ahí estivo seguramente o momento do partido.
Na segunda parte seguirono tentando pero xa as forzas non eran as mismas. Empatou o Dumbría en xogada a balón parado. Pero ainda así o equipo non se rendeu e conseguiu a victoria que deixou un bo sabor de boca a todos en Pedra Queimada. Ainda que non se conseguira o pase a final da Copa quedou o convencemento de que, si siguen a maior parte destes xogadores, hai unha boa base de plantilla para facer boas cousas a tempada que ven.
Tamén habría que graba-lo partido para ver a actuación do árbitro Sr. Espasandín Cores e mais os seus axudantes para pasarllo aos Sres. Alex López Vila e Blanco Rodríguez que arbitraron o partido da semana pasada. Nada que ver unha cousa coa outra porque ésta vez pitóuse con saber estar e humildade dando toda unha lección, incluso a mín que xa había perdido a fé en estas cousas.
Por último, felicitar ao Dumbría polo pase a final. Teñen un equipo ordenado e xogan da mesma maneira sempre. Notáselle a man do seu entrenador ahí. Ainda que creo que nesta eliminatoria non se viu a suposta diferencia entre un primeira e un segunda rexional, eles souberon levar a victoria ao seu lado. Enhoraboa.


.

xoves, 17 de xuño de 2010

TODOS COA SCD MALPICA (A TENTAR REMONTAR)


É super difícil a remontada en Pedra Queimada contra o Dumbría. Si entrara este partido nas casas de apostas darían tranquilamente 15 euros por cada un que se xogara a favor do Malpica (tamén o facían no partido entre España e Suiza, quén o iba a decir). O Dumbría, un enorme atranco, un primeira rexional que sabe ao que xoga. E o Malpica, con un equipo xoven e moi entusiasta, que ademais vai a contar con catro baixas gracias a acta que nos regalou o equipo arbitral que dirixía o que aparece abaixo (mais preocupado de que o ascendan este ano e amosar man dura que de saber levar un partido que non tiña moita complicación) .


E por iso, e porque tamén se demostrou por parte da afición no partido de ida que se pode apoiar sin reservas ó equipo, que podemos xuntarnos o sábado a tarde e levar ós xogadores en volandas para darlle a volta a cousa. Sin ter que matar a ninguén, sin ter que botarlle a culpa a ninguén. Coa entrega de todos. ¡Ánimo, Malpica! ¡Aupa, Malpica!

xoves, 10 de xuño de 2010

AS CONDICIÓNS DO ENTRENADOR PARA SEGUIR

Nunha tensa xuntanza da directiva co corpo técnico, o entrenador Marturana solicitou plenos poderes para a confección dunha nova plantilla e mandar os descartes para o contenedor máis próximo ou vendelos por bós ao resto dos equipos.
A primeira condición é a contratación de varios homes de banda
A segunda o non menos importante é a contratación, coste o que coste, dun home que se desenvolva pola esquerda
Tamén insistiu en protexer o medio campo cun xogador que manteña o centro...

Pero estáse intentando a renovación dun xogador "polivaliente" que dirixa a estos xogadores que aínda están sen pulir...


luns, 7 de xuño de 2010

CARNOTA 0 - MALPICA 1 ¡ OS NOSOS PASARON!











Pola porta grande. Así pasou a SCD Malpica ás semifinais da Copa da Costa. Diante tiña un bo equipo de fútbol, que fixo todo, todo o posible por pasa-la eliminatoria. Pero os nosos xogadores estiveron impecables, desde o primeiro hasta o último que pisou o campo. Con unha entrega ilimitada. Animados por unha bancada (guiada por Walter, un crack) que jaleou como nunca aos seus. Que se fixo notar durante todo o partido. E que os levou a gañar e domiña-la eliminatoria.
Agora toca o Dumbría. O último paso para poder chegar a xoga-la final da Copa da Costa. Un equipo de primeira rexional, o indiscutible favorito. Pero, sinceramente, creo que terían que pensar no equipo que teñen enfrente. Si piden datos (que os pedirán) o que poida informar diría que, aparte da calidad individual que atesouran, os once xogadores malpicáns non darán un balón por perdido. Seguro.

HOMENAXE A FACAL


Homenaxe por todo o alto a figura de Jose Luis. Xuntáronse os Veteranos do Xuventude e unha selección de Veteranos da Costa da liga presente, ademais do equipo de chave de Cances, dónde él tamén participaba e unha chea de xogadores e árbitros veteranos desta liga. O de menos foi o resultado no campo. O mellor foi que se dou un espectáculo de camaradería e saber estar por parte de todos.







Ao remate do partido houbo reunión no local social. Asistimos alí a unha emotiva entrega de agasallos ás fillas do finado Jose Luis, aparte de ver unha serie de videos e fotos da sua traxectoría deportiva. Puxen tres das fotos que Sindo mostra no blog e podedes ve-la cara de Fernando cando él mais Modesto entregaron o agasallo do Comité da Liga. Sobran as palabras. E creo que é de total xusticia que o PREMIO que a Delegación Territorial do Comité de Árbitros concede a DEPORTIVIDADE cada ano leve a partir de agora o seu nome, tal e cómo anunciaron.
Para acabar tomamos uns pinchos perfectamente preparados pola Asociación San Campio que fixo de excelente anfitriona durante a velada. Moitas grazas a todos.

sábado, 5 de xuño de 2010

CHEGA O MUNDIAL DE FÚTBOL

Bo motivo para recordar as lendas do deporte rei de todo-los tempos (ainda que falten algúns) e tamén para recordarlle a algunha xente que non se empezou a xogar ao fútbol agora :

martes, 1 de xuño de 2010

¡REMATOU! SENTENCIA ABSOLUTORIA AO KUN

Nunha tensa espera o Kun, quedou absolto, a pesar da insistencia do letrado contratado polo Vaticano, Sr. Marthunson, para mandalo a prisión de por vida....
Pero o Kun débelle a súa liberdade ao "bufete" de abogados "Bureau Balarés Brothers, S.L." donde puxeron toda a súa maquinaria legal e non tan legal para decantar ao xurado popular elexido, por cousas do azar, entre os xogadores do Cabana co beneplácito do Sr. xuíz, mentres carrexaba caixas de viño (de dudosa procedencia) para a súa pitera.
Non hai que ver mais que a cara de alivio do susodito e a felicidade da súa dona.